Apego en Pontevedra no outono 2021

Presentámovos unha nova quenda de actividades dentro do programa do Apego para este outono!

O xoves 28 de outubro de 18.30 a 19.30 h temos programada a Verbateca, un obradoiro para achegarse ao vocabulario cotián, no que haberá que superar distintos xogos para comezar unha colección de palabras que poderedes continuar na casa. Esta actividade será realizada por Mekané na Casa Azul e vai dirixida a familias con nenas e nenos 3 a 6 anos.Aínda que xa solicitarades esta actividade na primavera, se vos segue interesando respondédenos a este correo igualmente.

O domingo 7 de novembro de 11 a 13 h faremos unha saída de campo pola beira dun dos nosos ríos para identificar e recoller cogomelos coa asociación micolóxica Brincabois! Esta actividade está dirixida a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Para pechar, o venres 19 de novembro de 18.30 a 19.30 h teremos o obradoiro Xogos musicais coa palabra: Pór música a un conto. Neste obradoiro, da man de Títeres Babaluva traballaremos recursos sonoros para ilustrar un conto, creando sons coas voces, con instrumentos, obxectos naturais e da vida cotiá. Esta actividade será na Casa Azul e vai dirixida a familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos.

Se vos interesa algunha destas actividades, escribide un correo a alingualatexa@gmail.com indicando por orde de preferencia as actividades ás que vos queredes anotar (primera, segunda e terceira), o nome das persoas adultas, das nenas e nenos e a súa data de nacemento e un teléfono de contacto.