Adiado o Apego en Pontevedra na primavera

Coa chegada do Entroido a Pontevedra comezaron as actividades do programa Apego para os meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño. Abrimos cunha actividade dirixida ao profesorado de educación infantil, “Alí”, pero non se puido dar continuidade ao programa coa actividade de formación para as familias sobre a pedagoxía Pikler, debido ao parón causado polo estado de alarma do COVID-19. O programa queda adiado á agarda de ter máis información. Mentres tanto, remitimos ás familias do Apego aos recursos que poden atopar na nosa web e na web do Apego.