Aberta a inscrición para o obradoiro de creación de xogos de mesa

O venres 1 de abril organizamos un obradoiro de creación de xogos de mesa. Nel, aprenderemos todo o necesario para crear xogos en galego, desde a planificación ata a elaboración. Este obradoiro estará impartido por Xandobela e forma parte do programa Somos Xogo, un certame de creación de xogos de mesa en galego.

O obradoiro vai dirixido a persoas adultas e pode resultar de interese para o profesorado, para familias, persoas que traballen na educación formal e non formal (persoas monitoras, adestradoras etc), que formen parte de asociacións e en xeral para o público ao que lle interese o xogo. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dentro do programa Apego.

Durará 3 h, desde as 17 h ás 20 h, e terá lugar na Casa Azul.

Cómpre inscrición previa a través do enderezo electrónico alingualatexa@gmail.com enviando nome e apelidos, enderezo electrónico, teléfono, centro no que traballa e ciclo no que dá aulas (en caso do profesorado) ou motivo de interese para inscrición.