Vistes o vídeo? Que vos pareceu esa maneira tan peculiar de prender a lámpada? A Palmira e a min encántanos este vídeo. Por moitas cousas, pero especialmente cando responden «Porque podemos». É tan bonito facer cousas só porque queres ou porque podes. Ademais, explica moi ben o que vos dicía na foto de antes. Envían un sinal por todos eses cables arredor do mundo para prender unha lámpada que teñen ao lado. Non vos parece impresionante? Coñeciades a serie?



