http://www.realacademiagalega.org/dicionario/

Pois agora que pasaron as vacacións, eu quedara en falarvos de ferramentas en galego que podemos atopar na rede. Comezo por unha que de seguro xa coñecedes, pero creo que é a máis importante e temos que comezar por ela. Efectivamente, falo do dicionario de galego. Eu utilízoo case cada día, porque ao escribir sempre teño algunha dúbida de como se escribe unha palabra, se leva til ou non, non recordo se leva c antes de t, etc… E veño consultar o dicionario para asegurarme.

Por exemplo:
Escríbese produto ou producto? (fixádevos no c antes de t)
Dise “a peaxe” ou “o peaxe”? É dicir, é feminino ou masculino?

Eses son só dous exemplos que cunha busca no dicionario solucionamos. Recordade que se a palabra aparece no dicionario é correcta e se non aparece, non o é.

Por certo, escríbese produto, sen c, e peaxe é feminino. Recordade, son femininas todas as palabras rematadas en -axe, agás o traxe, o paxe, o garaxe, e personaxe pode ser feminina ou masculina segundo o contexto.

Sabiades que podedes ter o diccionario instalado nos vosos móbiles e así poder consultar as dúbidas en calquera momento? Eu téñoo e resúltame moi útil. Podedes conseguilo aquí ou instalándoo desde o voso móbil procurando “dicionario galego”: https://play.google.com/store/apps/details?id=org.rag.dicionario

E vós, utilizades o dicionario habitualmente? Que outras ferramentas utilizades?
Dentro duns días, volvo con máis.