Lipdub EU FALAREI

Ola rapazada!

Eu falareeeeeei! 😉

Xa estou de volta na miña casiña, vai volta a de onte, pero dicirvos que paseino en grande!

Moitas risas botamos, empezamos a mañá en Xeve, con cantareiras e todo, moitas grazas polo voso agarimo e por ese pedazo de árbore que sempre está para recibirnos. O debate foi estupendo, xa sabedes experimentade ca lingua, e xa en marzo vemos os resultados e seguimos fedellando un chisquiño máis!

E Lerez non perden unha, acordan moito da conversa con Londres e están moi motivados co tema dos blog, graciñas o vídeo de Carla.

En Campañó, vaia recibimento e vaia poleiro! Esta rapazada é toda unha cooperativa de artesáns! E recibín un bo repaso de cousas, moito aprendín. Por certo Londres, xa van saíndo cousas, e mesmo xa temos na mente unha sorpresa final!

O dito: Eu falareeeeeeei.

Como vai por Londres?