Ola!
Chámome Ilari e son estudante de ciencias da educación e galego. Falo finés, inglés, e un pouco de portugués e galego. Vivo en Helsinki, pero orixinariamente son de Nokia, onde aínda viven meus pais. Vou rematar os estudos en maio, este ano, e despois vou traballar coma mestre.
Para min, a porta através da cal encontrei o galego foi a lingua portuguesa. Xa estudara un pouco de portugués antes de comezar a estudar galego e foi daquela cando ouvín falar do galego pola primeira vez… e fiquei encantado!
O ano pasado fixen unha viaxe inesquecible polo norte de España cos meus amigos e estiven en Galicia tamén. Gustáronme moito as paisaxes e a natureza que vin, a comida, está claro, e o pouco que coñecín de Santiado de Compostela. Ademais, o tempo era óptimo – non había ningún trazo de choiva e o sol queimaba!:) A viaxe deixoume unha vontade de volver a Galicia, para coñecela mellor.
Velaquí, o meu video sobre Helsinki – espero que vos guste!
-Ilari



