Ola, boa tarde dende o Faro de Corcubión a catro quilómetros do meu pobo Sardiñeiro!
Comezamos a viaxe e esta semana quería ensinarvos a miña costa, a Costa da Morte, pero dunha maneira un chisco particular. Quero ensinarvos os fondos mariños e o que agochan.
A Costa da Morte ten os seus fondos marinos cheos de barcos afundidos nestes e noutros tempos, unhas veces debido aos temporais e outras veces polas batallas en tempos de guerra.
De pequena eu sempre que miraba pola ventá da miña casa, soñaba con mergullarme ou ter un submarino, pero o que máis desexaba e que un día as augas desaparecesen por unhas horas e poder ir en bicicleta ata a illa Lobeira, esa illa que vedes no medio do mar neste vídeo que fixen este sábado pasado dende o Faro de Corcubión. O meu soño era poder ver facilmente as ducias de barcos afundidos e descubrir tesouros.
Xusto nestes días inaugúrase esta web: http://www.galicianshipwrecks.com onde podedes consultar os pecios afundidos que hai nas costas galegas. Visitade o mapa e os vídeos, se gustades do mar namoraredes de esta web.
Un bico!
Recordade que xa podedes ir contando onde vivides e que historias fan único o voso lugariño.



