Ola rapazada, esta noite incluirei un vídeo máis sobre Sardiñeiro, pero gustaríame antes contarvos dúas cousas.
1. Engadimos nesta web unha nova sección que se chama RECURSOS, a tedes máis arriba. Son recursos para mellorar a nosa lingua, correctores, dicionarios, tradutor… Unha selección de recursos en liña para ter a nosa lingua en forma. Pídovos que nos vosos comentarios antes de publicar revisedes a ortografía e adoptedes esta práctica como cotiá, xa veredes como a vosa lingua farase máis forte e saudable. .
2. Ide traballando e pensando en todo o que falamos a semana pasada.
Recordade iso de identificar cal é a identidade do voso pobo; que é interesante para nós do lugar no que vivimos e así despois amosalo nos nosos vídeos.
Recordade que eses “lugares importantes” non teñen que ser sempre monumentos, tamén poden ser espazos naturais ou lugares que son importantes para a nosa vida diaria, que agochan unha historia fermosa ou forman parte dos vosos xogos…
Moito ánimo, unha aperta!



