Abre o prazo de inscrición nun novo curso de Teatro con Lingua

Está aberto o prazo para solicitar praza no novo curso de Teatro con Lingua, o grupo de teatro promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello. Esta proposta busca dinamizar o uso do galego entre a xente nova, de 18 a 30 anos, a través da improvisación e da creatividade teatral.

O grupo estará guiado por Vicky Estévez, cofundadora da compañía 105 Besos Teatro, activista feminista e animalista, e performer feminista. Estévez ten unha ampla traxectoria como actriz, directora de teatro e guiando grupos de animación á lectura e sexualidade na escola de ocio Aika.

Entre os obxectivos da actividade destacan: achegarse ao teatro amador improvisado en lingua galega, dinamizar o uso oral da lingua galega entre a xente nova, promover o galego como lingua de socialización, estimular a creatividade e reflexionar con ollada crítica sobre diferentes temas.

Os ensaios serán de 19 a 21 horas, os mércores no Centro Sur (andar baixo), en Campolongo. Comezarán o mércores 14 de outubro e rematarán en maio. Como peche da actividade o grupo fará unha montaxe final aberta ao público.

As prazas son limitadas. Para solicitar praza cómpre enviar un correo electrónico a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu indicando: nome completo, idade, teléfono de contacto e enderezo electrónico. As prazas iranse ocupando por orde de chegada. 

Cartel en PDF