Ola! Que tal vai por Pontevedra e por Londres? Mentres Palmira vos pon vídeos bonitos eu sigo falándovos de cables. Un mundo tan grande ten que estar conectado por miles de quilómetros de cables para que Pontevedra fale con Londres e eu poder ver dende Lugo os vosos vídeos. Que bonito é internet.
A foto de arriba é en Santiago, no CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia. O outro día poñíavos fotos dos ordenadores de Google, pero aquí, na terriña, tamén temos. Estes ordenadores tan grandes chámanse súpercomputadores, e utilízanse para investigacións científicas ou para facer cálculos meteorolóxicos moi complexos e saber se vai chover mañá. Ademais, póñenselles nomes bonitos, este chámase Finisterrae. Aquí podedes ver máis: https://www.cesga.es/cesga/visitas_centro
Eu, cando estaba no colexio, xa era algo máis gande ca vós, tiven sorte e leváronme visitar este súper ordenador en Santiago. Encantoume.
E se vos apetece ver máis fotos, aquí outro centro de datos moi importante en Madrid, por onde pasan case a metade das comunicacións de España: http://noticias.lainformacion.com/ciencia-y-tecnologia/ciencias-general/este-es-el-mayor-centro-de-conexiones-de-internet-en-espana_GUxzqjI73Tqwnk7oWj56v1/
E aínda máis fotos dos ordenadores de Google: http://www.google.com/about/datacenters/gallery/#/tech




