Agora que xa nos coñecemos, imos comezar logo a falar de internet, e a min, hai unha cousa que cando a descubrín me deixou abraiado e coa boca aberta. Sabiades que hai un montón de cables de miles de quilómetros de lonxitude que atravesan o mar para que poidamos comunicarnos a través de internet? Na imaxe de arriba, cada unha das liñas vermellas que une os continentes ou países é un cable que nos conecta e polo que viaxa a información para que poidades ler isto na vosa pantalla. Vedes que están arredor de todo o mundo, pero por onde vós vivides hai algún?
Como a imaxe de arriba é pequeniña, nesta páxina podedes ver con máis detalle onde están eses cables: http://submarine-cable-map-2013.telegeography.com/
Xa me contades se sabiades deses cables e se vos deixou tan abraiado coma min cando o descubrín.




