Arranca unha nova edición Ben Veñas, Maio

A situación sanitaria non deixa outra alternativa que quedar na casa. Peche de centros de ensino, tendas, parques e a prohibición de saír á rúa máis alá de ir mercar productos de primeira necesidade. Nesta situación continúa en marcha o certame Ben veñas, maio. Ficar na casa dificulta o desenvolvemento das actividades cotiás, pero non impide poñer a cabeza a traballar e activar a nosa creatividade. Precisamente con esa finalidade naceu este certame, pensado para impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde distintos eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Co obxectivo de acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, incentívase a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua.

Animamos ás mozas e mozos estudantes dos centros públicos de ensino secundario obrigatorio, ciclos formativos e bacharelato do concello de Pontevedra a participar e empregar parte da súa corentena na participación nalgunha das categorías do certame: videoclips musicais, curtametraxes, fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, certame musical ou na semana de teatro. Deixamos a ligazón aquí para descargar as bases completas do concurso.