Roteiro Xoán Manuel Pintos

O Concello de Pontevedra dedicoulle institucionalmente o ano 2011 a Xoán Manuel Pintos, coincidido coa celebración dos 200 anos do seu nacemento no barrio do Burgo.

O itinerario propón un paseo visitando dez puntos significativos da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na reclamación da dignidade de Galiza e da súa lingua.

Entre outros percórrense o barrio do Burgo, Santa María, San Bartolomeu e a Ferraría.

Coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos axudará aos participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX, época de cambios significativos para a cidade de Pontevedra.

Esta actividade realizarase calquera día da semana agás martes e mércores.

Mínimo 15 participantes e máximo 60.

Duración: dúas horas.

Recomendado para 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato, ciclos formativos.

Dispoñemos dunha publicación que complementa o roteiro. Para consultar máis información sobre este roteiro pódese visitar o web do Ano Pintos:

anopintos.pontevedra.gal