Este roteiro céntrase na zona antiga de Pontevedra. O itinerario busca dar a coñecer a etapa de Sarmiento na cidade, a súa infancia e a primeira mocidade na casa familiar da praza de Méndez Núñez.
Percorrido:
- Praza de Méndez Núñez
- Rúa Sarmiento
- Arcos de San Bartolomeu,
- Praza da Pedreira
- Rúa do Arco
- Praza de García de la Riega
- Enfesta de San Telmo
- Praza de Alonso de Fonseca
- Avenida de Santa María
- Praza de España,
- Rúa da Alfóndega
- Rúa Tetuán
- Rúa Real
- Soportais
- Praza da Ferraría
- Paseo de Antonio Odriozola
- Pasantería
- Praza da Leña
Esta actividade realizarase calquera día da semana agás martes e mércores.
Mínimo 15 participantes e máximo 60.
Duración: hora e media.
Recomendado para alumnos de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato, ciclos formativos.