Con esta proposta propoñemos dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos.
En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes:
- na praza da Estrela terán que debuxar as imaxes da Casa das Caras e adiviñar a que gremio pertencen
- na da Verdura recrearán un mercado tradicional
- medirán o Teucro cos seu pasos xogando coas medidas antigas
- na Pedreira pecharán os ollos para recoñecer os sons que habería antes da nosa época.
Esta actividade realizarase calquera día da semana agás martes e mércores.
Requirimentos:
- Idade mínima dos participantes: 4 anos.
- Número de participantes: Mínimo 15 participantes e máximo 30.
- Os grupos deberán estar acompañados polo profesorado que marca a lei.
Duración: hora e media.
Recomendado para Infantil e 1º ciclo de Primaria.