Xornada de Toponimia o sábado 27 de abril

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza, este sábado día 27 de abril, unha Xornada de Toponimia en Tomeza-Pontevedra.

Dentro do programa, a grande novidade é que por primeira vez se utiliza unha base de datos que inclúe a xeorreferenciación de cada topónimo. O obxectivo principal da xornada é mostrarlles ás persoas que asistan unha visión xeral do proxecto de recollida de toponimia que estamos a desenvolver en Pontevedra.

A base de datos que utilizamos e da que imos explicar o funcionamento, está á disposición de quen queira recoller e traballar coa toponimia. Os datos da toponimia recollida en Pontevedra tamén son públicos en:

http://toponimia.pontevedra.eu/web/app.php