Roteiro para educación infantil

Con esta proposta propoñemos dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos.

En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes:

  • na praza da Estrela terán que debuxar as imaxes da Casa das Caras e adiviñar a que gremio pertencen
  • na da Verdura recrearán un mercado tradicional
  • medirán o Teucro cos seu pasos xogando coas medidas antigas
  • na Pedreira pecharán os ollos para recoñecer os sons que habería antes da nosa época.

Esta actividade realizarase calquera día da semana agás martes e mércores.

Requirimentos:

  • Idade mínima dos participantes: 4 anos.
  • Número de participantes: 30 como máximo.
  • Os grupos deberán estar acompañados polo profesorado que marca a lei.

Duraciónhora e media.

Recomendado para Infantil e 1º ciclo de Primaria.