Roteiro Castelao

O itinerario abrangue non só parte da zona antiga senón tamén algunhas das rúas que configuraban a vila de principios do século XX. Esta actividade é ademais un percorrido pola etapa vital do autor rianxeiro na que estivo intimamente vinculado coa cidade.

O itinerario inclúe as visitas á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista do antigo Café Moderno.

Percorrido:

  • Praza da Ferraría
  • Rúa da Pasantería
  • Rúa Sarmiento
  • Rúa de don Gonzalo
  • Praza de Curros Enríquez
  • Rúa de Manuel Quiroga
  • Rúa da Princesa
  • Praza das Cinco Rúas
  • Rúa de Paio Gómez Chariño
  • Rúa de Dona Tareixa
  • Praza de España
  • Avenida de Montero Ríos
  • Xardíns de Colón
  • Rúa da Oliva
  • Praza da Ferraría.

Esta actividade realizarase calquera día da semana agás luns, martes e mércores.

Mínimo 15 participantes e máximo 60.

Tempo de duración: case dúas horas.

Indicada para escolares de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato, ciclos formativos.