Dalle á lingua

Espazo de radio para activar a oralidade entre o alumnado. Pódense crear contidos a partir do traballo realizado nas aulas arredor de diversos aspectos da lingua galega: fraseoloxía, contos de tradición oral, lendas, vocabulario, cantigas, toponimia…

Obxectivos:

  • Dinamizar a comunicación oral en galego dentro e fóra do centro educativo, especialmente nas familias.
  • Incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego.
  • Facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua.
  • Promover o gusto por descubrir a nosa cultura desde a nosa lingua.
  • Achegarse á radio como un medio de comunicación próximo.
  1. Desenvolvemento:
    1. Os centros interesados deben enviar unha solicitude de participación ao SNL.
    2. Un equipo de Onda Cero Pontevedra desprazarase aos colexios para gravar os traballos que os nenos e nenas, en colaboración cos seus profesores, teñan
    preparados para esta actividade. Tamén existe a posibilidade de realizar a gravación nos estudios locais da emisora.
    3. Posteriormente farase un traballo de produción para adaptar as gravacións a bloques de 2 a 3 minutos que se emitirán, de luns a venres, no dial 103.6 FM, ao longo de dúas semanas, no programa matinal, ás 11.55 horas.