Castelao e Nós. Unha viaxe pola súa obra

Contidos: A través de textos e debuxos de Castelao a mostra trata

a lingua, a economía, a emigración, o nacionalismo, a guerra do 36,

o antimilitarismo e as institucións.

Material: 40 láminas enmarcadas de 42x60cm: 1 de presentación, 7

temáticas e 32 máis con debuxos de Castelao clasificados segundo

os sete temas anteriores. Hai unha unidade didáctica elaborada pola

AS-PG como material complementario.

Observacións: transporte sinxelo (3 caixas), precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura