Carteira de servizos do Servizo de Normalización Lingüística

Área de dinamización

  • Elaboración de propostas para actividades de promoción da lingua
  • Deseño, organización e desenvolvemento de actividades, campañas e proxectos que promovan o uso e o prestixio da lingua galega
  • Organización, xestión e mediación en actividades de reflexión e debate que redunden en máis conciencia lingüística: sociolingüística, dereitos lingüísticos, toponimia, etc.
  • Fomento de novos espazos de uso para a lingua
  • Creación e difusión de materiais destinados á normalización da lingua: modelos de documentos, vocabularios, aplicacións informáticas, etc.
  • Colaboración con outros departamentos da institución para o deseño e implementación de actividades de promoción da lingua
  • Colaboración con outros organismos públicos ou privados para o deseño e implementación de actividades de promoción da lingua
  • Apoio ao tecido social pro-lingua en colaboración con entidades que organicen e desenvolvan accións de promoción da lingua
  • Divulgación das actividades para dinamizar e prestixiar o uso da lingua, incluíndo as das outras entidades, organismos e empresas
  • Difusión de información específica sobre lingua: sociolingüística, terminográfica, etc.
  • Difusión da información de relevancia para a normalización da lingua galega
  • Creación de sinerxías con outras entidades no ámbito da dinamización, especialmente co apoio técnico e a coordinación na elaboración de campañas e iniciativas dinamizadoras

Área de asesoramento

  • Corrección de textos
  • Elaboración de modelos de documentos, formularios e outras ferramentas que melloren a calidade lingüística e a comunicación da entidade
  • Avaliación de coñecementos lingüísticos nas probas de acceso a postos da entidade
  • Resolución de dúbidas lingüísticas e terminolóxicas puntuais
  • Difusión, e elaboración cando for preciso, de ferramentas de apoio e recursos para a corrección lingüística, terminográficos, etc.
  • Información sobre lexislación lingüística e dereitos lingüísticos
  • Elaboración de informes sobre cuestións filolóxicas, sociolingüísticas, lexislativas, etc.
  • Avaliación do cumprimento da legalidade e asesoramento á entidade neste ámbito
  • Soporte técnico na garantía dos dereitos lingüísticos da cidadanía: recollida de queixas e reclamacións e proposta de solucións
  • Diagnose das prioridades de traballo do departamento

Área de formación

  • Formación a través da corrección de textos e da resolución de dúbidas
  • Detección e avaliación das necesidades formativas da entidade
  • Colaboración no deseño do programa de formación permanente dos membros da entidade en lingua, sociolingüística, lexislación lingüística, etc.
  • Detección e avaliación das necesidades formativas da cidadanía relacionadas co uso e o prestixio da lingua, tendo en conta colectivos, ámbitos, etc.
  • Deseño e organización de actividades formativas para a cidadanía relacionadas co uso e o prestixio da lingua
  • Desenvolvemento de actividades formativas tanto desde o SNL como colaborando con outros departamentos da institución de maneira transversal
  • Difusión de recursos e ferramentas para a autoaprendizaxe