As Respostas Xerais ou a desesperación que continúa

Aquí estou outra vez.

A semana pasada vimos moi por cima a vida do concello de Alba por se me valía para desenlearme. Non é que resultase moi produtivo para o que nos ocupa, pero menos é nada.

Sigo coas miñas pescudas. Recuando no tempo, agora boto man un texto cen anos anterior ao dicionario do Madoz, as Respuestas Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada. Con data do nove de xaneiro de 1752 falásenos das freguesías que un século máis tarde conformarían o fugaz Concello de Alba. Xuntamente con elas, nas mesmas páxinas, dannos conta doutras da xusrisdición da vila de Pontevedra ás que tamén me refiro simplemente por poñer todo en contexto. Transcribo:

[…]San Martin de Berducido, San Vizente de Serponzones, Santa Maria de Alba, San Salvador de Lerez, San Pedro de Campaño, San Juan de Poyo Grande y San Salvador de Poyo Pequeño las que componen parte de la Jurisdiccion y partido de esta villa […] son del señorio del rreverendo Arzobispo de Santiago […] en Berducido no tiene el señorío y jurisdiccion total porque nombra el señor de Coto de Jebe […] vezino de la villa de Betanzos[…]
[…] las feligresías de Campaño, Serpozones y Alba paga las alcabalas a dicha dignidad […]

Dísenos con que lindan e tamén que figura teñen, entre outras cousas.

Lerez “su figura es alargada estrechandose por los estremos”

Cerponzóns “su figura irregular con diversas entradas y salidas”

Campañó “su figura es un triángulo equilátero”

Poio Pequeno ”figura triangular”

Poio Grande ”figura quasirredonda”

Verducido “forma ovalada”

E ollo ao seguinte, di de Alba que […] tiene de largo cerca de una legua, su figura es irregular se estrecha en el medio y en los estremos y cabos se ensancha[…]

Se cadra, topamos o corredor!!! Non me quero facer ilusións non vaia ser, non vaia ser.

Alá me poño a comparar o Madoz e o Ensenada. Póñoas no cadro co nome e grafía actual, o mesmo que os puntos cardinais. Tamén van aparecen as outras freguesías, letra máis miúda, que van no mesmo documento aínda que non me vallan moito para o que me preocupa neste momento:

RESPOSTAS XERAIS 1752

MADOZ 1850

Lérez

Cerponzóns e Verducido

vila de Pontevedra

Santo André de Xeve

freguesía de Campañó

Lérez

N: freguesía de Cerponzóns

S: Pontevedra

L: río lerez

O: Campañó e ría de Pontevedra

Cerponzóns

San Mamede da Portela

Lérez e Alba

Verducido

Alba

Cerponzóns

N: freguesía da Portela

S: freguesía de Alba e Lerez

L: freguesía de Verducido

O: freguesía de Campañó

Campañó

Santa María de Curro

Poio Pequeno (San Salvador)

Lérez e Alba

Poio Grande (San Xoán)

Campañó

N: freguesía de Alba

S: Pontevedra

L: freguesía de Cerponzóns

O: freguesía de San Salvador de Poio

Alba

Curro e San Mamede da Portela

Lérez

Cerponzóns

Campañó

(a freguesía, non o Concello) Alba

N: freguesía Cerponzóns e A Portela

S: freguesía de Campañó

L: freguesía de Lerez

O: freguesía de San Salvador de Poio

Poio Pequeno (San Salvador)

N: Campañó

L: Pontevedra

S: río

O: Poio Grande

Poio Pequeno: “Confina el TÉRM. Con los de Alba, San Juan de Poyo y ria de Pontevedra” sen epecificar

Poio Grande (San Xoán)

N: Campañó e Curro

L: Poio Pequeno

S: mar

O: Sta María de Armenteira e Santa María de Samieira

Poio Grande (San Xoán)

N: Campañó

L: Poio Pequeno

S:ría

O: Sta María de Armenteira

Poio Grande (San Xoán)

N: Campañó

L: Poio Pequeno

S:ría

O: Sta María de Armenteira

Verducido

N: San Mamede de Amil

L: Santa María de Xeve

S: San Salvador de Lérez

O: San Vicente de Cerponzóns

Non mo podo crer! Non coinciden! Pero, que pasa aquí?

En negra e cursiva resalto o que máis me interesa, xa dixen que ía tentar desenlear só o corredor. Ese minicachiño a lata que está dando! No cadro contemplo as freguesías non os concellos, recordemos que en parte do no séc. XIX Alba tamén era o nome dun Concello igual que “Poyo”. A ver, aínda que variasen un pouco as superficies en cen anos… buf! Vale, non podemos esquecer que a mediados do XIX estabamos en plena adaptación ao novo modelo administrativo do Estado, con creacións de novos concellos, disputas das fregesías por pertencer a un ou a outro, pero tanto tanto?

 cerpo-campa-oficial-300x164

Ben teño que buscar algo que me confirme ou cando menos me aproxime unha postura ou outra. Así en frío poderiamos pensar que a tradicional sería a de 1750, a que aparece nas respostas xerais, por que? Polo que dicía antes, no XIX houbo reorganización territorial, moito movemento entre freguesías, concellos e demais.

Apiádanse de min e alá que me deixan uns documentos máis que interesantes que me poden axudar. Vou facer unha especie de corta-pega, porque neste caso creo que é o mellor. Veredes, o que vos poño a continuación son estractos da carta que o párroco de San Pedro de Campañó escribe o nove de xullo de 1970 ao bispo auxiliar e vigairo xeral de Santiago [a propósito dun asunto que non vén ao caso] e na que se fala dos lindes entre as parroquias de Alba e Campañó: O que está en azul e castelán son as palabras do sacerdote, mentres que o que está subliñado é a transcrición dos documentos orixinais de 1704. Non vai aparecer ningún nome propio, omitinos. Paga a pena lelo:

Establece os límites da parroquia de Campañó coa de Alba baseándose nun expediente do ano 1704 no que declaran varias testemuñas a raíz dunha Paulina emitida pola Autoridade Diocesana de Santiago a favor do Reitor de Campañó. Segundo este cura non se variaron os límites parroquiais por ser estes límites naturais “por el rio Elva arriba” que dividía ademais de Campañó, as antigas xurisdicións do Arcedianato do Salnés e o Couto de Poio, aos que aínda pertence Campañó (cando menos no 1970, descoñezo se arestora tamén); e a xurisdición de Pontevedra e O Morrazo, ás que sempre pertenceron as terras da marxe dereita do río de Alba que desemboca no Lérez no Burgo, punto no que se divide a fegresía de Campañó coa de Santa María de Pontevedra; logo río arriba coa de Lérez, Alba e Cerponzóns.

De todos modos, al llegar a la localidad de las UFAS o de La Cañota, hay como un enclave que en la actualidad “de hecho pertenece a la feligresía de Cerponzones” [as comas duplas son do autor da carta], no ciertamente de derecho, en el que hay unas cuatro viviendas a la vera de la carretera de Villagarcía. La razón histórica de este enclave o pequeño territorio de Cerponzones a la orilla izquierda del rio Elva es el siguiente: [as comas duplas son do autor da carta] “Que la tal finca fue donada por un vecino de Campañó a la Cofradía de Ánimas de Cerponzones en el siglo XVI, desde este momento fue considerada como parte integrante del iglesario de la mencionada Cerponzones […] Di que a partir de entón os diezmos parroquiais dos caseiros e posteriormente dos veciños ían para Cerponzóns ante o que os párrocos de Campañó fixeron numerosas reclamacións que gañaron, o que seica non foi respectado por parte de Cerponzóns.

[…] los límites de Campañó con Santa María de Pontevedra_ Barrio del Burgo-Lérez, Alba y Cerponzones son desde la desembocadura del río Alva rio arriba, iniciándose los límites por lo que a Alba se refiere en la Puente de las Cabras, Puente Sindin arriba, Pontillón y pasos de San Cayetano, Ufas, rio arriba hasta el molino Preceda de este al molino de Parada [aínda existían en 1970]. Del molino de Parada que creo es propiedad de la iglesia de Cerponzones, deja la división el rio Alva y tuerce hacia el noroeste siguiendo el antiguo camino- con toda seguridad una ramificación de la via romana “…per loca marítima…”, atraviesa la actual carretera de Villagarcía, pasa por el barrio denominado de El Bispo quedando las casas de la margen izquierda para Campañó e las de la derecha para Alba, luego sigue y pasa por el denominado Campo1 das Bestas, siguiendo a Cambados ya por los términos del lugar de Devesa parroquia de Alba.

1 É un lapso do autor da carta. Onde escribe Campo debería poñer Porto.

Menciona tamén diversas declaracións que fixeron ante notario veciños de Campañó, Alba e Cerponzóns o tres de abril de 1704 e que veñen ao caso dos lindes

[…] “y lo mismo oyó decir a dicho su Padre y a P.M. Viexos, que la división de las dos feligresías de Alba y Campañó: Venía desde la Puente de las Cabras por el Rio arriba, y volvía a la Puente Sindin y de allí al Pontillón y del Pontillon por el Rio arriba, asta el Molino de Preceda y Parada y de allí por el camino arriba azia el Bispo y al Puerto de las Béstias; y que hay algunos años que dichos caminos, se han mudado contrta Campañó, por reedificar algunas tomadas, y averse fabricado algunas casas

Outro veciño […] “y el rio de la Gandara por el rio arriba al monte de Prezeda adonde plantaron un marco, y de allí a la aldea de Bispo y al Porto de las Béstias”

[…] , todos los documentos expedidos por la autoridad civil y judicial utilizan las denominaciones locales y todas las tierras que quedan a la margen izquierda del rio Elva o Alva desde el Puente del Burgo siguiendo dicho Rio se las denominan pertenecientes a Campañó, nunca a las feligresías de Alba o Lérez, que quedan a la derecha.

[…] corria de la Puente de las Cabras por el rio arriba y que volbía por dicho Rio de Puente Sindín y que de alli vajaba a los passales de Souto, y por el Rio arriva asta el Molino de Prerzeda y Parada y de alli yba al medio Lugar del Obispo.y de alli a las Camba y Porto de las Bestias y que dicho camino se avia mudado Contra Campañó por averse reedificado y cerrado [?] Monte por donde corria y se avian hecho algunas cassas junto a la division y los moradores de ellas se hazen vezinos de Alba no save por que titulo […]

[…] que todas la propiedades de Cassal de Madre y de Aziveyro siempre pagaron y pagan el Diezmo a Campañó

Deixo que o vaiades moulando todo isto engordiño e quedamos para a semana próxima. Aínda teño pendente A Ghordeira, non me esquezo!