Inicio Apego Que é Apego?

Que é Apego?

APEGO es ti, somos todos, e ademais:

APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Carballiño, Carnota, Cee, Ferrol, Lugo, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Nigrán, , Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo,Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo e mais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

Programa colectivo

Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Aventura conxunta

Naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos.

Nenos e nenas de 0 a 6 anos

Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.

Apego, pola vida e pola lingua

Este é o lema deste proxecto no que os pais e nais, e os educadores en xeral, van atopar orgullo pola máis orixinal das nosas creacións e forza para preservala e transmitila.

Amor, arraigo, lingua, orgullo e identidade

Apego é empatía, vínculo, comunidade… Apego é apoio para a responsabilidade de construír o futuro desde a raíces e a lingua propia.

Comunidade Apego

Un espazo para compartir, para encontrar e encontrarse, aberto a calquera iniciativa que contribúa aos fins do proxecto.

Se precisas máis información, podes visitar a seguinte páxina web.