Inicio Para ti Youtubeiras

Youtubeiras

Youtubeiras é un proxecto que nace co obxectivo de incrementar a presenza do galego na Rede. A través de diferentes liñas de acción, promove e visibiliza o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado dixital, YouTube, con vídeos de opinión, videotitoriais, canles e creación musical. Este proxecto pretende fomentar a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión e impacto social como son as youtubeiras e youtubeiros.

Youtubeiras chega á sétima edición no 2023 para incentivar, consolidar, difundir e fortalecer a creación de vídeos en galego no YouTube. Baixo o lema Rede aberta, rede diversa!, esta nova edición pon o foco sobre a diversidade da comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato.

Como cada ano, convócanse de novo os Premios Youtubeiras cunha contía de 7500 euros repartidos entre oito categorías.

Pasadas edicións de Youtubeiras

REDES SOCIAIS

0SeguidoresSeguir
1,628SeguidoresSeguir
413SubscritoresSubscríbete

NOVAS DESTACADAS