Inicio Para ti Cántamo en galego

Cántamo en galego

Cántamo en Galego! é un espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, dánse a coñecer todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos… co fin de achegar a música en galego ao público.

Os faladoiros do Cántamo en Galego! son programas especiais nos que se entrevista a artistas da nosa música que poñen en valor o uso da lingua galega na produción musical. Os encontros teñen lugar en diferentes centros educativos do concello de Pontevedra, onde o alumnado ten a oportunidade de coñecer ás persoas convidades, que veñen falar da súa carreira musical, novos traballos e a súa experiencia neste mundo. Ao finalizar a entrevista, hai unha quenda de preguntas, que vén seguida dunha canción acústica en directo.

Desde que comezou o Cántamo en Galego! en 2014 tivemos encontros con artistas da talla de Mónica de Nut, Davide Salvado, Uxía, Narf, Ses ou Rosa Cedrón. Podedes escoitar as entrevistas no arquivo que temos a continuación.

Faladoiros do Cántamo en galego

REDES SOCIAIS

1,241FansGóstame
137SeguidoresSeguir
394SuscriptoresSuscríbete

NOVAS DESTACADAS