Os Premios Mil Primaveras recoñecen o valor do proxecto Youtubeir@s

O pasado sábado 21 de setembro celebrouse a gala de entrega do Premios Mil Primaveras no Pazo da Cultura de Pontevedra, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Nesta primeira edición concedéuselle o galardón de proxecto máis innovador a Youtubeir@s, un dos proxectos nos que colabora o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Deixamos a continuación o enlace da nova na páxina de Youtubeir@s.