O galego tamén noutros mundos

Trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade.

  • Panel 1: portada
  • Panel 2: introdución
  • Panel 3: O galego, a lingua dun reino
  • Panel 4: Unha lingua internacional
  • Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
  • Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
  • Panel 7: O mundo en galego
  • Panel 8: Conectados/as á rede
  • Panel 9: Galician sounds
  • Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
  • Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
  • Panel 12: Falantes orgullosos/as
  • Panel 13: O galego tamén no meu mundo

Material: 13 paneis expositores de 200x100cm montados en cadanseu soporte tipo roller.

Observacións: o transporte e a montaxe resultan sinxelos, os paneis entréganse en cadanseu estoxo. Sostéñense sós; non precisan de parede onde se apoiar.

Lugar de recollida e devolución: Servizo de Normalización Lingüística do Concello.