BANEP

(Banco de Actividades para a Normalización no Ensino en Pontevedra)

O BANEP é un banco de máis de 200 actividades para a normalización lingüística desenvoltas polos centros de ensino de Pontevedra e deseñadas polos equipos de normalización de 26 centros educativos.

Obxectivos:

  • Fomentar o uso normal da lingua galega nas tecnoloxías da información e comunicación.
  • Crear un espazo interactivo de intercambio de experiencias en e para o galego.
  • Poñer en valor o traballo realizado polos equipos de normalización e dinamización lingüística do concello de Pontevedra.

Para subir as actividades hai que enviar a ficha cuberta ao enderezo snl@pontevedra.eu cos seguintes datos:

  • nome da actividade
  • centro de ensino
  • persoa de contacto
  • área á que se dirixe (matemáticas, coñecemento do medio, química,…)
  • habilidades comunicativas nas que incide (produción oral, produción escrita, comprensión oral, comprensión escrita)
  • nivel cos que se traballa
  • obxectivos (dous ou tres)
  • pequena descrición do que se fai (poucas liñas)
  • se hai colaboración con outras entidades
  • observacións que se queiran facer constar.
  • Pódense achegar, en formato electrónico, fotos, fichas ou arquivos que axuden a explicar a actividade para que tamén as colguemos no web.

Para consultar as fichas das actividades no BANEP pódese escribir o nome da actividade no cadro do buscador que aparece na páxina principal ou pódese premer no botón “atopar” para que apareza a listaxe das actividades do BANEP. Tamén se pode facer unha busca avanzada que nos permite seleccionar as actividades segundo diferentes campos de contidos.

REDES SOCIAIS

0SeguidoresSeguir
1,628SeguidoresSeguir
413SubscritoresSubscríbete

NOVAS DESTACADAS