En marcha unha nova edición de Bótalle un conto
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do certame de contos orais non profesionais Bótalle un conto, unha iniciativa de normalización lingüística que busca prestixiar e visibilizar a viveza e a variedade das falas locais, así como mostrar e poñer en valor a habilidade para emocionar e engaiolar coa palabra.