O Servizo de Normalización Lingüística

Dicía Manuel María no seu poema A Fala que “O idioma é a forza que nos xungue e sostén. Se perdemos a fala non seremos ninguén!”.

Cremos plenamente na vixencia destas palabras e consideramos que a xente máis nova é quen ten a encomenda de futuro para soster o noso idioma e o noso pobo; porén é responsabilidade de toda a sociedade requintar a lingua e transmitirlles aos máis novos o noso tesouro colectivo máis prezado.

Nós consideramos a lingua propia de Galiza como unha ferramenta fundamental de traballo e comunicación en todas as áreas e, alén deste traballo colectivo de goberno, desde a Concellaría de Normalización Lingüística trazamos e desenvolvemos liñas de traballo específicas que inciden en sectores fundamentais para o futuro da nosa lingua. Así, a xente máis nova é a perceptora máis directa das nosas actividades, mais tamén desenvolvemos proxectos para e en colaboración con outros sectores da sociedade.

Colaboración, orgullo, futuro, identidade e lingua van da man en todas as accións que poñemos en marcha en Pontevedra, pero moi especialmente desde os proxectos que desde a Concellaría de Normalización Lingüística deseñamos á medida dun futuro vizoso para a nosa lingua.

Alberto Oubiña Piai
Concelleiro de Normalización Lingüística

REDES SOCIAIS

1,284FansGóstame
656SeguidoresSeguir
413SuscriptoresSuscríbete